martes, 3 de febrero de 2009

A expedición do Pacífico

“Relatada en primeira persoa, é unha novela de aventuras, en dez capítulos, a historia dunha expedición polo Pacífico. Entre os oito científicos que a compoñen, atópase a protagonista, Emilia, unha rapaza de doce anos que, para poder participar na viaxe, tense que disfrazar de neno.
O relato, que abrangue dende 1867 -cando saen de España- ata 1871 -ano da chegada da expedición a Lisboa-, describe as aventuras dos viaxeiros dun xeito realista e verosímil. Abundan as referencias á historia e ós coñecementos relacionados coas ciencias da natureza e coa navegación. Paralelamente, asistimos a unha aventura interior: o cambio que se produce na protagonista, que inicia a viaxe con algo máis de doce anos e chega feita unha muller. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo, a paixón polo coñecemento están nas páxinas desta excepcional novela.
No Epílogo faise referencia á verdadeira expedición ó Pacífico na que se inspira a novela, que tivo lugar entre os anos 1862 e 1866”.


Autor: ALEIXANDRE, Marilar
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Ano: 1994
Extensión: 160 p.
ISBN: 84-8302-554-X

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.