“John Liberty, un famoso cantante de rock, está farto do traballo e da popularidade. Para fuxir de todo iso, vaise de incógnito á cidade peruana de Cuzco. Alí consegue pasar desapercibido mentres pasea as rúas milenarias. Pero, un bo día, atoparase con tres rapaces e as súas mascotas, que o farán coñecedor da problemática dos seus pobos e da necesidade de axuda. Túpac Tupanqui é un pastor de guanacos do altiplano andino e viaxa coa pucha de cores que abriga o vento. O príncipe Suhirinariwé pertence á selva e acompáñase dunha guacamaia. María Aimará vive á beira do alto lago Tititaca, polo que viaxa en barca de totora; ela trae un peixe de prata. Os tres xuntaranse no Cuzco para contar as súas historias e buscar solución á contaminación das augas, á pobreza do altiplano e á ameaza do mundo exterior sobre a selva. John Liberty non poderá permanecer insensible a esta chamada e, ao final, decidirase a axudalos. Aproveitando a súa fama, convocará unha rolda de prensa onde presentará aos seus amigos e estes poderán "reclamar aos gobernantes do mundo" a xustiza que veñen buscando”.
Autores: BABARRO, X. e FERNÁNDEZ, Ana MªC.
Ilustracións: BLANCO CUBEIRO, Xesús
Editorial: Alfaguara-Obradoiro. Colección Infantil-Xuvenil. Serie Azul
Ano: 1995
Extensión: 96 p.
ISBN: 84-8224-016-1
Ilustracións: BLANCO CUBEIRO, Xesús
Editorial: Alfaguara-Obradoiro. Colección Infantil-Xuvenil. Serie Azul
Ano: 1995
Extensión: 96 p.
ISBN: 84-8224-016-1
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.