martes, 17 de marzo de 2009

Todo o verán por diante


“Este libro ten como protagonistas a Toni e Raquel, dous rapaces que van ao mesmo instituto e que se ven enredados nunha relación sentimental non exenta de atrancos e dificultades. A acción, situada nunha cidade indeterminada, desenvólvese con moita sinxeleza e céntrase no mundo dos estudantes novos e as súas inquedanzas: os amigos, os pais, os profesores, os sentimentos, o amor...

A novela estructúrase en dúas partes; a primeira, titulada “¡Cámara!”, preséntano-los personaxes, mentres que a segunda,“¡Acción!”, supón o desenvolvemento dos acontecementos. Trátase dun achegamento ó mundo dos estudiantes adolescentes a través da vida de Toni, ou Nano como lle chaman na casa, un rapaz de dezasete anos que aparece descrito como un mozo pouco conflictivo que nunca lles ocasionou moitos problemas ós seus pais, en boa medida a causa do seu carácter reservado e introvertido. A rutina da súa vida vese alterada cando comeza a sentir unha atracción irrefreable por Raquel, a rapaza máis guapa do seu instituto. Malia os desencontros e os malentendidos entre eles conseguirán finalmente coñecerse a fondo e comezar unha relación. A afección pola arqueoloxía que desperta neles casualmente un profesor fará que consigan uni-los seus esforzos para atopar un tesouro agochado, á vez que superan o curso con éxito. Tras destes logros quédalles todo un verán por diante para se divertir xuntos”.


Autor: GONZÁLEZ I CATURLA, Joaquim
Editorial: Galaxia. Colección Costa Oeste
Ano: 2005
Extensión: 128 p.
ISBN: 978-84-8288-859-0

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.